Servizos

Que facemos

Seis ámbitos de traballo que se combinan e adaptan ao que cada proxecto necesita

Vista das illas Cíes desde a costaFoto: Ana Rodríguez
O turismo ten sentido cando mellora a vida de quen vive e traballa no territorio

Como o facemos

Catro principios que guían a nosa forma de traballar en cada proxecto, en coherencia cos marcos internacionais de desenvolvemento sostible e turismo responsable.

Escoita e diagnóstico

Comezamos sempre achegándonos ao territorio: traballo de campo, investigación, coñecemento dos seus recursos e escoita activa de todas as partes implicadas. É o punto de partida de calquera proposta.

Cohesión social e cooperación

As comunidades locais son as verdadeiras protagonistas de cada proxecto. A súa implicación activa e a cooperación entre todos os axentes é o que xera cohesión social, reforza o sentido de pertenza e garante que, cando o traballo remata, os proxectos sigan vivos e dando froitos.

Igualdade de oportunidades e inclusión

Traballamos para que o desenvolvemento local e o turismo sexan accesibles e xustos para todas as persoas. Incorporamos a perspectiva de xénero e a inclusión desde o inicio de cada proxecto, prestando especial atención a colectivos con menos oportunidades e velando por que todas as voces estean presentes no proceso e nos seus resultados.

Impacto e equilibrio

Promovemos unha xestión responsable e capaz de pór en valor e conservar a identidade e o patrimonio dun lugar, xerando oportunidades reais para a comunidade local e o tecido empresarial, cun equilibrio respectuoso e saudable entre residentes e visitantes.

Os nosos servizos

Cóntanos o teu proxecto

Se xestionas un territorio, unha organización ou un proxecto de desenvolvemento local, cóntanos a túa idea mesmo se aínda está tomando forma. Encantaranos escoitarte e tomar boa nota do que nos contes para pensar en como podemos axudarche.