Saltar ao contido
Marela Projects, inicio

Promovemos proxectos de desenvolvemento local dende a identidade, a cultura e o turismo responsable

Marta Rodríguez Casas, fundadora de Marela Projects
Foto: Anna Haidukova

“Acompañamos territorios na boa xestión e planificación do turismo”

Ola! Son Marta Rodríguez Casas, fundadora de Marela Projects. Levo case vinte anos traballando en proxectos de desenvolvemento local e posta en valor do patrimonio en Galicia. Sempre poño no centro á comunidade local e fomento o traballo colaborativo dende a escoita activa, a empatía e o coñecemento de cada territorio e a súa idiosincrasia.

Marela nace para desenvolver proxectos onde o turismo atopa un equilibrio entre o benestar da comunidade local e a calidade na experiencia do público visitante

  1. Recursos, oferta, demanda, tendencias, partes interesadas e antecedentes. Unha foto honesta do punto de partida.

    01
  2. Prioridades, plan de actuación, orzamento, equipo, cronograma e seguimento de indicadores. O mapa claro antes de arrincar.

    02
  3. Execución do plan, control económico, coordinación de recursos, participación social e xestión de medios de comunicación. O traballo sobre o terreo.

    03
    Foto: Raúl Lorenzo
  4. Medición de impacto e resultados, informe executivo, recomendacións para a continuidade e elementos promocionais. Para que o proxecto deixe pegada.

    04
    Foto: Eva Abal e Dani Keral

Seis xeitos de acompañar un territorio

Marta Rodríguez Casas intervindo nunha mesa redonda da Facultade de Turismo da Universidade da CoruñaFoto: Eva Abal e Dani Keral
Grupo de sendeiristas na contorna de O Pindo, Carnota, coa montaña e a néboa de fondoFoto: Raúl Lorenzo
Vista panorámica do canón do Sil na Ribeira SacraFoto: Cristina Flores
Familia observando as pinturas murais medievais da igrexa de Moraime, en MuxíaFoto: Raúl Lorenzo

Patrimonio

Posta en valor do patrimonio

Máscara tradicional do entroido galego xunto a unha parede de pedraFoto: Cristina Flores
Galerías brancas da Mariña da CoruñaFoto: Ana Rodríguez
Marta Rodríguez Casas intervindo nunha mesa redonda da Facultade de Turismo da Universidade da CoruñaFoto: Eva Abal e Dani Keral
Grupo de sendeiristas na contorna de O Pindo, Carnota, coa montaña e a néboa de fondoFoto: Raúl Lorenzo
+20

anos de traxectoria

+50

proxectos acompañados

+60

axentes colaboradores

O que din de nós as persoas coas que colaboramos

“Marta é unha persoa profesional e responsable coa que dá gusto traballar. Levamos anos compartindo proxectos en distintos destinos e sempre dá o mellor de si, coidando cada detalle. A súa implicación foi sempre clave para acadar bos resultados, pero o que máis valoro é a confianza e a tranquilidade de saber que forma parte do equipo”

Emilio Cuíñas, socio consultor en Autoxiro Turismo

Algúns dos nosos proxectos

Un percorrido polos proxectos que desenvolvemos desde Marela

Creación do Club de Produto Enogastronómico de Barbanza Arousa

Un proxecto que une, ordena e artella a oferta turística enogastronómica da comarca do Barbanza en toda a súa cadea de valor, baseado nos conceptos sostibles de "paisaxe gastronómica" e gastronomía de proximidade.

{ 2026 }
Foto: Sara Sánchez

Difusión e fomento da participación cidadá no Premio Emprende-co Pobra, de emprendemento e comercio

Un proxecto de comunicación e traballo en rede para achegar o Premio Emprende-co Pobra ás persoas emprendedoras e contribuír así á dinamización e revitalización do comercio local da Pobra do Caramiñal.

{ 2026 }
Foto: Raúl Lorenzo

Facemos equipo, sumamos experiencia e poñemos todo o noso entusiasmo e coñecemento en cada proxecto

O último do blog

Aprendendo máis sobre a interpretación do patrimonio

Xornadas · 3 min

Un dos meus obxectivos para estes primeiros anos de Marela é fortalecer as nosas capacidades en materia de Interpretación do Patrimonio, xa que moitos territorios están demandando crear oferta complementaria que permita achegar a súa historia e o seu patrimonio ao público visitante.

Douvos a benvida a Marela e ao meu blog

Turismo · 3 min

O meu caderno de campo acompáñame sempre. Todo o importante está nel. A través do blog, compártovos parte das miñas notas, as miñas reflexións sobre a actualidade do sector, as miñas aprendizaxes, as miñas inquietudes...

Cóntanos o teu proxecto

Se xestionas un territorio, unha organización ou un proxecto de desenvolvemento local, cóntanos a túa idea mesmo se aínda está tomando forma. Encantaranos escoitarte e tomar boa nota do que nos contes para pensar en como podemos axudarche.