Comunicación e divulgación de proxectos
Damos visibilidade a proxectos, entidades e destinos con relatos claros, contidos relevantes e estratexias que conectan cos seus públicos e amplifican o seu impacto.
Comunicar ben é unha parte esencial de calquera proxecto: permite explicar o seu propósito, mobilizar os axentes implicados e achegar os seus resultados ás persoas destinatarias.
Acompañamos entidades, destinos e organizacións na definición e o desenvolvemento de estratexias de comunicación e divulgación que reforzan a súa identidade, melloran o seu posicionamento e xeran unha conexión duradeira cos seus públicos.
Traballamos cunha rede de profesionais especializada en xestión de medios, redes sociais, creación de contidos, deseño editorial, identidade de marca e produción audiovisual. Este equipo multidisciplinar permítenos ofrecer un servizo integral de comunicación e divulgación: dende o diagnóstico e a planificación ata a produción, difusión e avaliación das accións nas canles máis adecuadas.
Foto: Ana RodríguezQue inclúe
- 01
Diagnósticos, estratexias e plans de comunicación territorial, institucional e de proxectos
- 02
Definición do relato, identidade de marca, denominación, identidade visual e manual de marca
- 03
Planificación de accións de comunicación en canles dixitais e presenciais
- 04
Creación de contidos, xestión editorial e dinamización de redes sociais
- 05
Gabinete de prensa e relación con medios de comunicación
- 06
Deseño editorial e produción de materiais gráficos, dixitais e audiovisuais
- 07
Campañas de divulgación, sensibilización e organización de xornadas e encontros
- 08
Comunicación de proxectos con financiamento público e avaliación do impacto das accións
- Destinos con boa oferta pero sen posicionamento
- Proxectos que necesitan chegar ao seu público de forma eficaz e creativa
- Entidades con proxectos financiados que necesitan comunicar os seus resultados
- Territorios que queren construír un relato propio e diferenciado
- Organizacións sen identidade de marca nin estratexia de comunicación
Concellos, gobernos autonómicos, deputacións, Reservas da Biosfera, entidades de xestión de destinos, asociacións empresariais e de concellos, mancomunidades, consorcios, fundacións culturais, entidades beneficiarias de fondos europeos con obriga de comunicar os seus proxectos e entidades locais de calquera natureza vinculadas ao desenvolvemento territorial.
Formación, mentoría e traballo en rede
Compartimos coñecemento, acompañamos o desenvolvemento de proxectos e conectamos persoas e organizacións para xerar novas oportunidades no territorio.
Foto: Eva Abal e Dani KeralEstratexia e planificación turística
Planificamos o territorio con obxectivos claros, unha xestión responsable e resultados visibles para a comunidade local.
Foto: Raúl LorenzoCóntanos o teu proxecto
Se xestionas un territorio, unha organización ou un proxecto de desenvolvemento local, cóntanos a túa idea mesmo se aínda está tomando forma. Encantaranos escoitarte e tomar boa nota do que nos contes para pensar en como podemos axudarche.