Servizo

Formación, mentoría e traballo en rede

Compartimos coñecemento, acompañamos o desenvolvemento de proxectos e conectamos persoas e organizacións para xerar novas oportunidades no territorio.

O coñecemento compartido fortalece capacidades e multiplica o impacto dos proxectos. Deseñamos espazos de aprendizaxe prácticos e adaptados a cada público, facilitamos o intercambio de experiencias e conectamos iniciativas e axentes que poden avanzar mellor mediante a colaboración.

Acompañamos equipos técnicos, entidades e persoas emprendedoras vinculadas ao turismo, a cultura e o desenvolvemento local. Combinamos formación, mentoría e dinamización de redes para axudarlles a adquirir ferramentas, definir e validar os seus proxectos, formar equipos complementarios e converter as oportunidades de colaboración en iniciativas viables.

Desprázate para explorar
Formación, mentoría e traballo en rede — servizo de Marela ProjectsFoto: Eva Abal e Dani Keral

Que inclúe

  1. 01

    Relatorios, conferencias e participación en universidades, foros, congresos, xornadas e encontros sectoriais

  2. 02

    Deseño e impartición de obradoiros e programas formativos para equipos técnicos, entidades e profesionais

  3. 03

    Formación especializada en turismo, desenvolvemento local, patrimonio e astroturismo

  4. 04

    Asistencia técnica para a implantación de sistemas e selos de calidade turística en destinos

  5. 05

    Mentoría individual e grupal para persoas emprendedoras vinculadas ao desenvolvemento local, o turismo e o territorio

  6. 06

    Acompañamento na definición, validación e posta en marcha de proxectos de desenvolvemento local, cooperación e dinamización comunitaria

  7. 07

    Identificación de sinerxias, creación de equipos multidisciplinares e oportunidades de colaboración entre proxectos e entidades

  8. 08

    Dinamización de redes de colaboración entre profesionais, entidades e territorios

Que retos abordamos
  • Persoas con responsabilidades técnicas que necesitan formación especializada
  • Guías e profesionais locais que queren actualizar os seus coñecementos
  • Empresas que queren mellorar a súa calidade e a experiencia turística
  • Persoas emprendedoras que queren materializar unha idea vinculada ao territorio
  • Profesionais que buscan ampliar a súa rede e atopar colaboracións
Dirixido a

Equipos técnicos de administracións e entidades locais, grupos de desenvolvemento rural, GALP, empresas turísticas, guías locais, universidades, centros de FP, escolas de hostalería, asociacións turísticas, culturais e de desenvolvemento local e persoas emprendedoras vinculadas ao desenvolvemento local e o turismo.

Cóntanos o teu proxecto

Se xestionas un territorio, unha organización ou un proxecto de desenvolvemento local, cóntanos a túa idea mesmo se aínda está tomando forma. Encantaranos escoitarte e tomar boa nota do que nos contes para pensar en como podemos axudarche.