Saltar ao contido
Marela Projects, inicio

Blog

O meu caderno de campo

Vou sempre a todas partes coa miña libreta. Tomo nota do que vexo, do que escoito, do que aprendo, do que me contan as persoas coas que traballo, do que quero lembrar, do que me gusta e do que non, das miñas ideas, dos meus debuxos, das miñas tarefas pendentes... Este é o espazo onde comparto todo iso sobre desenvolvemento local, turismo, identidade e comunidade. Douche a benvida se queres acompañarme.
Marta.

Marta Rodríguez Casas co seu caderno de campoFoto: Anna Haidukova

O máis recente

Douvos a benvida a Marela e ao meu blog

Turismo · 9 de setembro de 2026 · 3 min

O meu caderno de campo acompáñame sempre. Todo o importante está nel. A través do blog, compártovos parte das miñas notas, as miñas reflexións sobre a actualidade do sector, as miñas aprendizaxes, as miñas inquietudes...

Aprendendo máis sobre a interpretación do patrimonio

Xornadas · 8 de outubro de 2026 · 3 min

Un dos meus obxectivos para estes primeiros anos de Marela é fortalecer as nosas capacidades en materia de Interpretación do Patrimonio, xa que moitos territorios están demandando crear oferta complementaria que permita achegar a súa historia e o seu patrimonio ao público visitante.

Cóntanos o teu proxecto

Se xestionas un territorio, unha organización ou un proxecto de desenvolvemento local, cóntanos a túa idea mesmo se aínda está tomando forma. Encantaranos escoitarte e tomar boa nota do que nos contes para pensar en como podemos axudarche.