Servizo

Creación de produtos e experiencias turísticas

Deseñamos produtos e experiencias turísticas que converten os recursos do territorio en oportunidades de negocio para o tecido empresarial e a comunidade local.

O punto de partida é sempre o territorio: a súa identidade, o seu patrimonio, a súa cultura, a súa xente e os seus recursos. Dende ese coñecemento profundo, conceptualizamos propostas auténticas, diferenciadas e de calidade, adaptadas a unha demanda cada vez máis esixente, mellor informada e con maior conciencia social e ambiental, que busca vivir experiencias inesquecibles coa menor pegada posible no destino.

Traballamos tamén na estruturación e organización da oferta turística dun destino, a través da creación de clubs de produto, marcas territoriais e distintivos de calidade que aglutinan empresas e axentes locais comprometidos cun turismo responsable e de calidade.

Traballamos co tecido empresarial como protagonista do proceso, acompañándoo no deseño, a posta en marcha, a comercialización e o posicionamento dos seus produtos e experiencias. Para iso, fomentamos a cooperación con entidades públicas, asociacións e outros axentes locais, favorecendo a conservación da contorna e a xeración de economía local.

Desprázate para explorar
Creación de produtos e experiencias turísticas — servizo de Marela ProjectsFoto: Cristina Flores

Que inclúe

  1. 01

    Estudos do territorio, os seus valores e o seu tecido empresarial para o deseño dunha estratexia de produtos turísticos cabeceira de marca

  2. 02

    Deseño e desenvolvemento de produtos e experiencias turísticas en diversas temáticas, con especial experiencia en economía azul (pesca, marisqueo, cultura mariñeira), gastronomía, enoturismo, agroturismo, ecoturismo, turismo industrial, turismo activo e artesanato

  3. 03

    Deseño, implantación e xestión de clubs de produto, marcas territoriais e distintivos de calidade

  4. 04

    Obradoiros de cocreación de experiencias turísticas combinadas con diferentes iniciativas e axentes locais

  5. 05

    Asesoramento a empresas do sector agroalimentario e de hostalería para a implantación de experiencias de ecoturismo e gastronomía km0

  6. 06

    Proxectos de diversificación económica para o sector rural e pesqueiro a través do turismo responsable, a posta en valor de produtos alimentarios de proximidade e técnicas de produción artesanais

  7. 07

    Apoio á comercialización e posicionamento de produtos turísticos en colaboración con axencias de intermediación

  8. 08

    Organización de encontros de promoción e comercialización, participación en feiras turísticas e conexión con axencias de viaxes, medios e creadoras de contido

Que retos abordamos
  • Destinos con recursos pero sen produtos estruturados nin comercializables
  • Empresas do sector primario que queren diversificar cara ao turismo
  • Territorios que queren crear unha marca turística propia e diferenciada
Dirixido a

Destinos, asociacións e federacións de empresas turísticas, clústers sectoriais, empresas de turismo activo, aloxamentos rurais e hoteleiros, adegas, produtoras agroalimentarias, empresas, confrarías e asociacións de pesca e marisqueo, escolas de hostalería, concellos, deputacións, gobernos autonómicos, Reservas da Biosfera, grupos de desenvolvemento rural, GALP e entidades locais de calquera natureza con interese en dinamizar a súa oferta turística.

Cóntanos o teu proxecto

Se xestionas un territorio, unha organización ou un proxecto de desenvolvemento local, cóntanos a túa idea mesmo se aínda está tomando forma. Encantaranos escoitarte e tomar boa nota do que nos contes para pensar en como podemos axudarche.