Servizo

Estratexia e planificación turística

Planificamos o territorio con obxectivos claros, unha xestión responsable e resultados visibles para a comunidade local.

Unha estratexia territorial clara axuda a fixar obxectivos comúns, aproveitar mellor os recursos e coordinar as accións. Tamén permite tomar decisións baseadas no coñecemento do territorio, o seu contexto e a súa idiosincrasia.

Acompañamos territorios, destinos e entidades de xestión cunha metodoloxía rigorosa e adaptada a cada realidade. Combinamos traballo de campo, análise de fontes, estudo de boas prácticas e tendencias e procesos de participación con axentes locais mediante mesas de traballo, grupos de persoas expertas e outras dinámicas participativas.

Desprázate para explorar
Estratexia e planificación turística — servizo de Marela ProjectsFoto: Raúl Lorenzo

Que inclúe

  1. 01

    Plans estratéxicos de desenvolvemento territorial e turístico

  2. 02

    Plans directores de recursos patrimoniais culturais e naturais

  3. 03

    Diagnósticos e estudos territoriais

  4. 04

    Análise de viabilidade e oportunidades para proxectos de dinamización

  5. 05

    Estudos sectoriais e inventarios de recursos territoriais turísticos

  6. 06

    Mapeamento de axentes turísticos locais

  7. 07

    Follas de ruta para entidades xestoras e destinos

  8. 08

    Sistemas de indicadores e análise de datos

Que retos abordamos
  • Entidades que queren un modelo turístico máis responsable
  • Territorios que teñen recursos pero descoñecen o seu potencial real
  • Destinos que queren medrar de forma sostible e necesitan un diagnóstico claro da súa situación
  • Organizacións que necesitan implicar todas as partes na súa estratexia
Dirixido a

Gobernos autonómicos, deputacións, concellos, mancomunidades, consorcios, grupos de desenvolvemento rural, GALP, Reservas da Biosfera, asociacións de concellos, asociacións de empresas e profesionais turísticos e entidades locais de calquera natureza vinculadas ao desenvolvemento territorial.

Cóntanos o teu proxecto

Se xestionas un territorio, unha organización ou un proxecto de desenvolvemento local, cóntanos a túa idea mesmo se aínda está tomando forma. Encantaranos escoitarte e tomar boa nota do que nos contes para pensar en como podemos axudarche.