Servizo

Posta en valor do patrimonio

Poñemos en valor o patrimonio natural e cultural con proxectos que reforzan a identidade local, favorecen a súa divulgación e contribúen á súa conservación.

Coñecer o patrimonio dun territorio en profundidade (a súa historia, o seu significado, a pegada que o pasado deixou no presente) é o punto de partida para traballar con el de forma responsable.

Aplicamos a disciplina da interpretación do patrimonio para identificar os seus valores, integralo na súa contorna e propoñer fórmulas de uso público que xeren conexión emocional, esperten a curiosidade e activen a conciencia sobre a súa conservación. Planificamos o uso público do patrimonio a partir dos seus valores e da capacidade de carga de cada espazo. Deseñamos propostas que equilibran conservación e aproveitamento, conectan os recursos mediante un relato común e xeran oportunidades culturais e económicas para as comunidades locais.

Desprázate para explorar
Posta en valor do patrimonio — servizo de Marela ProjectsFoto: Raúl Lorenzo

Que inclúe

  1. 01

    Inventario, estudo e análise de recursos patrimoniais e deseño de propostas para conectalos e poñelos en valor

  2. 02

    Deseño de rutas, itinerarios e experiencias vinculadas ao patrimonio natural, cultural e inmaterial, con especial atención á etnografía, o artesanato e as tradicións locais

  3. 03

    Plans de interpretación e uso público responsable de espazos naturais e culturais

  4. 04

    Visitas guiadas, divulgación e formación en interpretación do patrimonio

  5. 05

    Posta en valor do patrimonio ligado á economía azul, a paisaxe enogastronómica e a historia industrial

  6. 06

    Deseño e divulgación de experiencias de astroturismo e ecoturismo para a concienciación turística responsable

  7. 07

    Programas e materiais de concienciación e divulgación patrimonial: publicacións, contidos dixitais, encontros e foros

  8. 08

    Asistencia técnica para certificacións, selos de calidade e candidaturas a recoñecementos oficiais

Que retos abordamos
  • Espazos sensibles que buscan equilibrio entre conservación e aproveitamento turístico
  • Espazos que reciben visitas pero carecen de experiencia interpretativa de calidade
  • Comunidades que queren recuperar e divulgar a súa memoria e tradicións
  • Entidades que queren obter un recoñecemento oficial para o seu patrimonio
Dirixido a

Gobernos autonómicos, concellos, deputacións, xestores de parques naturais e espazos protexidos, xestores de bens culturais, Reservas da Biosfera, fundacións culturais e patrimoniais, museos e centros de interpretación, comunidades de montes, asociacións culturais e ambientais, consellos reguladores, grupos de desenvolvemento rural, GALP e entidades locais de calquera natureza vinculadas á conservación e divulgación do patrimonio.

Cóntanos o teu proxecto

Se xestionas un territorio, unha organización ou un proxecto de desenvolvemento local, cóntanos a túa idea mesmo se aínda está tomando forma. Encantaranos escoitarte e tomar boa nota do que nos contes para pensar en como podemos axudarche.