Ano
2026
Colaboradores
Ingenyus, Coworking Pobra

Concello da Pobra do Caramiñal

Difusión e fomento da participación cidadá no Premio Emprende-co Pobra, de emprendemento e comercio

Desprázate para explorar
Premio Emprende-co Pobra, emprendemento e comercio — proxecto de Marela Projects para Concello da Pobra do CaramiñalFoto: Raúl Lorenzo

Obxectivo do proxecto

  1. 01

    Deseñar e executar unha estratexia de comunicación para dar a coñecer o proxecto Emprende-co Pobra e fomentar a presentación de candidaturas por parte de persoas emprendedoras en comercio local.

Que achegamos

  1. 01

    Fixemos equipo coa área de promoción económica do concello para analizar o proxecto e deseñar un plan de comunicación que o dese a coñecer non só entre a poboación de A Pobra do Caramiñal, senón en toda a provincia da Coruña. Consistía nun premio para persoas que quixesen emprender en comercio local, cunha dotación económica para os primeiros gastos de apertura e a cesión dun local comercial durante un ano.

  2. 02

    Xunto con Ingenyus creamos a imaxe do proxecto e os materiais promocionais, entre os que destacaban un cartel, un tríptico e un vídeo promocional cos principais promotores do proxecto.

  3. 03

    Establecemos unha base de datos con posibles prescritores do proxecto, aos que visitamos para compartilo e que puidesen facer de altofalantes para chegar ao maior público posible.

  4. 04

    Desenvolvemos varias xornadas de presentación dirixidas a persoas interesadas, cunha visita polo centro para coñecer os baixos comerciais que poderían formar parte do premio.

Que conseguimos

  1. 01

    Unha comunicación eficiente do proxecto e a consecución de case 30 persoas interesadas en presentar a súa candidatura ao Premio Emprende-co.

Conceptos clave
  • comercio local
  • emprendemento
  • comunicación
  • dinamización local
O proxecto en imaxes
Premio Emprende-co Pobra, emprendemento e comercio, imaxe 1Foto: Raúl Lorenzo

01 / 14