Ano
2026
Colaboradores
Autoxiro

GDR Terras de Santiago

Relatorio "Usos turísticos en infraestruturas e espazos verdes" en Terras de Santiago

Desprázate para explorar
Usos turísticos en infraestruturas e espazos verdes — proxecto de Marela Projects para GDR Terras de SantiagoFoto: Marta Rodríguez

Obxectivo do proxecto

  1. 01

    Sensibilizar os actores locais do destino Terras de Santiago sobre a necesidade do equilibrio entre a conservación e o aproveitamento turístico do patrimonio natural, no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Terras de Santiago.

Que achegamos

  1. 01

    Investigamos sobre casos reais de gobernanza responsable de espazos naturais e sistemas de xestión de fluxos turísticos en diferentes destinos en Galicia e España, tales como: O Caminito del Rey, San Xoán de Gaztelugatxe, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, a praia de As Catedrais, o Lago de As Pontes, as minas de A Pontenova, etc.

  2. 02

    Identificamos boas prácticas para a súa posible aplicación aos espazos naturais do destino.

  3. 03

    Concienciamos sobre a importancia e os beneficios do turismo activo e o turismo de natureza na conservación do medio natural, sempre que se desenvolva desde unha boa xestión responsable.

  4. 04

    Compartimos as principais claves a ter en conta, tanto con entidades locais como sector turístico especializado nas actividades no medio natural, para o desenvolvemento do turismo activo e natureza no destino de forma responsable.

  5. 05

    Participamos nunha mesa redonda tras o relatorio, con profesionais do turismo activo do territorio, na que se puxo en común a situación actual deste sector en Galicia, a lexislación vixente e a necesidade de implicar a poboación local nos proxectos turísticos.

Que conseguimos

  1. 01

    Xerar reflexión, diálogo e cooperación público-privada arredor da boa xestión do turismo, o uso público e turístico do patrimonio natural, a convivencia entre habitantes, visitantes e empresas turísticas e as necesidades concretas deste sector en Galicia, especialmente no que respecta a unha nova lexislación que regule a actividade.

Conceptos clave
  • comunicación
  • divulgación
  • turismo sostible
  • turismo de natureza
  • turismo activo
  • xestión
  • gobernanza
  • patrimonio
  • desenvolvemento local
  • capacidade de carga
O proxecto en imaxes
Usos turísticos en infraestruturas e espazos verdes, imaxe 1Foto: Marta Rodríguez

01 / 02