Ano
2026
Colaboradores
Autoxiro

Mancomunidade Barbanza Arousa

Creación do Club de Produto Enogastronómico de Barbanza Arousa

Desprázate para explorar
Club de Produto Enogastronómico de Barbanza Arousa — proxecto de Marela Projects para Mancomunidade Barbanza ArousaFoto: Sara Sánchez

Obxectivo do proxecto

  1. 01

    Deseñar e implantar un manual de produto e un plan de acción para o turismo enogastronómico do destino Barbanza Arousa, formado polos municipios de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira.

Que achegamos

  1. 01

    Organizamos un proceso participativo para favorecer a implicación de todos os actores locais da cadea de valor da enogastronomía, e realizar conxuntamente unha análise da situación de partida, a identificación dos produtos agroalimentarios e pesqueiros máis relevantes e identitarios da comarca e doutros recursos naturais e culturais relacionados coa temática.

  2. 02

    A continuación deseñamos o Manual do Club de Produto, indicando que tipo de entidades públicas e privadas poderían adherirse e os criterios que terían que cumprir para formar parte do club.

  3. 03

    Elaboramos un plan de acción a tres anos coas recomendacións que tería que seguir a Mancomunidade para a posta en marcha e dinamización do club e da rede de actores locais.

Que conseguimos

  1. 01

    Unha rede de actores locais relacionados con toda a cadea de valor da enogastronomía de Barbanza Arousa, para pór en valor o tecido empresarial, os produtos locais, os viños da IXP Viño da Terra de Barbanza e Iria, a cultura do cultivo do mexillón, a historia das conserveiras e o seu legado patrimonial, as festas de exaltación gastronómica e os equipamentos interpretativos relacionados con todo iso.

  2. 02

    Un sistema de traballo en rede cun relato común e unha folla de ruta a seguir pola Mancomunidade para a futura creación e comercialización de experiencias turísticas combinadas que dean a coñecer a calidade e a orixe dos seus produtos a través da súa paisaxe gastronómica.

Conceptos clave
  • turismo enogastronómico
  • calidade turística
  • produto local
  • ecoturismo
  • turismo mariñeiro
  • turismo industrial
  • xestión
  • gobernanza
  • produto turístico
  • estratexia
O proxecto en imaxes
Club de Produto Enogastronómico de Barbanza Arousa, imaxe 1Foto: Marta Rodríguez

01 / 07